CORDIAL SABUGUEIRO ECO 250 ML

CORDIAL SABUGUEIRO ECO 250 ML

Añadir a favoritos
5,90 €
Impuestos incluidos
Cantidad

O Cordial de Carabuñas é un concentrado de flor de sabugueiro. 

Este formato en concentrado é habitual nos países do Norte de Europa e polo seu potente sabor non se consome directamente, senón que está pensado para diluílo nalgún outro líquido (como auga, infusións…) ou como ingrediente que achegue gusto ou mesmo dozura a gran cantidade de receitas de cociña.

O noso Cordial concentrado de flores de sabugueiro está elaborado en Galicia, seguindo unha receita propia de Carabuñas na que só utilizamos auga, flores frescas de sabugueiro recollidas no punto ideal de floración, sirope de ágave e limón.

Pódese utilizar para diferentes elaboracións e receitas:

Aliñar ensaladas, carne e peixes.

Preparar bebidas refrescantes e cócteles con ou sen alcohol.

Aromatizar e adozar iogures, xeados e infusións.

Outras elaboracións culinarias e de repostería como masas, xelatinas ou cremas.

Ingredientes 

Auga, flores frescas de sabugueiro recollidas no punto ideal de floración, sirope de ágave e limón.

CARABUÑAS
40002523